Pareceunos interesante a seguinte información que atopamos na páxina web http://xuventude.xunta.es
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado aposta novamente polos cursos de condución segura coa finalidade de achegar á mocidade actitudes seguras no uso dun vehículo tomando como base o coñecemento dos factores de risco na condución (alcol, drogas, sono,....), dos sistemas de seguridade activa e pasiva do vehículo (ABS, control de tracción, control de estabilidade, ....), así como da técnica de condución (manexo do volante, uso de freo e acelerador, adherencia do neumático,.....).
Poderán inscribirse nos cursos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos que estean en posesión do carné de conducir B.
Os cursos impartiranse no Circuíto da Madanela, no Concello de Forcarei (Pontevedra) as fins de semana do 21 e 22 de abril e 28 e 29 de abril, e no Circuíto da Pastoriza, no Concello da Pastoriza (Lugo) as fins de semana do 5 e 6 de maio e do 12 e 13 de maio.
A actividade organizarase para 64 alumnos cada fin de semana en catro quendas de sábado pola mañán, sábado pola tarde, domingo pola mañán e domingo pola tarde. As quendas serán de 09:00 a 14.00 horas pola mañán e de 13:30 a 18:30 horas pola tarde.
Así que xa sabedes camiñantes, ou máis ben condutores e condutoras, apuntádevos a estes cursos e "camiñemos" cara unha condución máis segura!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario