Os semáforos non
son un invento moi novidoso!
De feito o
primeiro inventouse no ano 1868! Pero...porqué xurdiu a necesidade de tal
aparello nunha sociedade na que aínda non había coches?
|
O primeiro semáforo empregado para o tránsito instalouse fronte ó Parlamento do Reino Unido, en Westminster. Por aquel entón aínda non existía o automóvil (creáronse no ano 1885), pero o semáforo instalouse, xa que os parlamentarios queixábanse de que non podían cruzar a rúa debido ó tránsito de carros. O primeiro semáforo foi creado polo enxeñeiro J.P. Knight e empezou a funcionar o 10 de decembro de 1868. Imitaba os sinais do ferrocarril: usaba só luces de gas vermellas e verdes pola noite e era unha columna de ferro de máis de seis metros de altura. Dous zumbidos sinalaban que o tráfico que podía avanzar era o da avenida e un só zumbido indicaba que era o tráfico da rúa o que tiña paso. En 1869 deixou de funcionar debido a que unha das lámpadas de gas estalou, ferindo a un policía.
Se algo nos quedou claro é
unha cousa....o primeiro semáforo creouse porque a xente cansouse de berrar:
PARA O CARRO!
Co tempo estes aparellos foros evolucionando
notablemente e xa non axudan unicamente a evitar moitos accidentes de tráfico,
senón que tamén incorporan sistemas de son para as persoas cegas (algúns deles),
e ata nos informan dos segundos que temos para rematar de cruzar a estrada! Ás
veces cruzar a rúa parece unha maratón contrarreloxo!
Imaxinádesvos o caos que tería
lugar na actualidade de non existiren estes aparellos? Se ben e certo que estes
non teñen utilidade se non se respectan as normas que tanto para os condutores
como para os peóns se establecen. Velaí a importancia de educar ós mais
pequenos e pequenas nas mesmas, e así evitar que se sigan expandindo esas
mentalidades dos espíritos rebeldes da sociedade actual...esas que pensan do
seguinte xeito:
“Semáforo en ámbar? ASELEEEEERA!”
E...iso sen contar coas multas que
meten!
Así que xa sabedes:
“Pé no freo ou saca a carteira!”
Que prefires seguir sendo rebelde? Entón suxerímosche que te pases a este
estilo! A ver que che parece o seguinte vídeo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario