Para inaugurar o noso blog coa nosa primeira entrada, ímosvos mostrar a seguinte imaxe tomada na nosa Comunidade Autónoma:
Que vos suxire?
Se vos achegades a Vilar (Forcarei), o pobo dunha das integrantes do grupo, podedes atoparvos con este sinal tan innovador, recén saído da fábrica, último modelo “Made in Galicia!”
Con esta entrada queremos deixar constancia do noso desacordo coa permanencia de sinais de tráfico obsoletas e en mal estado. Este é un sinal en completo desuso, ademais de que o seu mal estado impide a súa correcta visibilidade. Anteriormente servía para indicar que a velocidade debía ser reducida pola presenza de nenos/as e gando (“PRECAUCIÓN, NIÑOS Y GANADO”). Nin que os nenos/as e o gando fosen xuntos habitualmente, ou tivesen algo que ver. Normalmente encontramos sinais de “Coidado, gando” ou “Precaución, nenos”, neste caso normalmente cando hai preto un centro educativo. Se cadra remóntase á época na que os nenos e nenas levaban ás vacas a pastar... quen sabe.
ola! bo día e parabéns pola entrada! moi boa!
ResponderEliminaratópome agora mesmo nun certo dilema sentimental,pois estou de acordo con que se deben actualizar e mellorar as sinais do tráfico para previr certos riscos do tráfico e para a seguridade vial e iso... pero con esta imaxe non podo deixar de sentir unha especie de "morriña con sorna". non sei se me ides entender, pero é como ir polas aldeas e ver como empregamos os "somiers" das camas para pechar fincas... forman parte do "noso aquel". e esta sinal tamén me inspira algo... que vamos, se por isto se corren riscos pois dende logo que a quiten, senón, deixemos que o tempo o decida! jajaj! non, en serio, boa entrada, polo menos a ocasión merece unhas boas escachadas coa risas!!!
por certo, somos de "ARRIANDO", QUE SE AÍNDA NON VOS PASASTEDES, andamos de viaxe polas comarcas de Arousa e Pontevedra,a sí que dende agora estaremos pendentes de cousiñas así e xa vos contaremos, de acordo? estades convidadas!!!! apertas