domingo, 20 de mayo de 2012

CAMIÑAMOS Á BEIRA DO PROXECTO TERRA


O pasado día 15 de maio asistimos a unha conferencia sobre o PROXECTOTERRA.

Tivemos a sorte de coñecer a JOSÉ LUIS GONZÁLEZ, mestre veterano con anos de experiencia ás súas costas e orixinario de Arteixo.

E vós, camiñantes, preguntarédesvos: que é o PROXECTOTERRA?

Pois ben, este proxecto consiste en coñecer o noso territorio, O LUGAR ONDE VIVIMOS e O ESPAZO QUE PERCIBIMOS. Combina o medio rural co urbano. Ten unha vocación colectiva, xa que todos os centros públicos contan cos materiais necesarios para levar a cabo este proxecto. Entra en xogo o ámbito das emocións, porque a afectividade está ligada ó territorio no que cada un vive e medra. Os materiais deste proxecto trabállanse durante 15 días.

Os fundamentos do PROXECTOTERRA son os seguintes:

-          A percepción como interpretación das sensacións do espazo que habitamos.

-          As emocións como froito da relación perceptiva.

Comenio, S XVII: “nada hay en la mente que no haya pasado antes por los sentidos”

-          Configuración dos espazos: elementos figurativos.

-          Identificación de como foi ocupado o noso territorio.

-          Recoñecemento dos valores espaciais da arquitectura (luz, etc.)

-          Paso do tempo que está condicionado pola historia e q permite falar da identidade dun territorio.



Todos os materiais deste proxecto están integrados na área de Coñecemento do Medio Natural, polo que está integrado no currículo.


Pois ben, amig@s camiñantes, ese abafante día de calor, tivemos a sorte de asistir no Salón de Graos da nosa Facultade a unha estrea: A PRESENTACIÓN SOBRE O PROXECTO TERRA. Esta presentación combinaba imaxes de obras do artista URBANO LUGRÍS (algunhas das cales mostramos a continuación), pintor dos mares galegos e que o percibe como un mar de lendas, coa narración levada a cabo pola radiofónica voz de José Luis, dun fermoso relato inspirado neses cadros que representan a Galicia mariña. De fondo, acompáñanos nesta viaxe unha música relaxante que simulaba sons do mar. Atopámonos pois nun territorio sensorial a cabalo entre a realidade e a fantasía.


Tras asistir a esta estrea, xogamos coas emocións: que nos produciu esta presentación?

Lévanos a sentir tranquilidade e paz, xa que, cada cousa percibida polos sentidos aféctanos. Como xa dixemos antes, un dos piares fundamentais deste proxecto é a ligazón entre o territorio e a afectividade, neste caso o noso territorio galego e os seus mares . E fomos quen de somerxernos neses soños galegos grazas a Lugrís e a José.

Cada quen interpreta a realidade ó seu xeito, unha vez é percibida polos sentidos, de tal xeito que somos quen de darlle unha interpretación ós espazos.

Tal e como dixo José, “só podemos amar aquilo que coñecemos” e agora, aqueles e aquelas que non coñeciamos as marabillosas creacións deste pintor, se cadra só de oídas, somos quen de “amalas”.

 


O próximos mes de setembro teremos a sorte de que os materiais deste proxecto para a EDUCACIÓN INFANTIL xa estean preparados.


Como punto e final, sería divertido engadir unha curiosa anécdota, para que vexades, camiñantes, que o mundo é un pano. Resultou que, sen sábelo, o mestre e unha compañeira estiveron no mesmo centro, cando ela estudaba e el era director. Coñecíanse e non se decataran! Anos despois coincidiron nun novo espazo, a nosa Facultade. Que cousas verdade?

Agora si camiñantes, despedímonos ata a vista, non sen antes agradecer a JOSÉ LUIS GONZÁLEZ a súa visita á nosa Facultade. Esperamos que volte pronto, un día máis propicio, sen exames á vista e con menos calor.

             Grazas a tod@s e que teñades voa viaxe de volta!

lunes, 7 de mayo de 2012

Derradeira viaxe: "Camiñando por Pontevedra"


Con esta entrada imos pechar a nosa andaina por este blog, a lo menos de momento, contándovos como foi a nosa última sesión nas prácticas desta materia, Aprendizaxe das Ciencias Sociais.

O pasado día 24 de abril fixemos unha saída de campo, consistente en percorrer, “pasiño a pasiño” algún puntos relevantes da cidade de Pontevedra coma a famosa Ponte do Burgo que da nome á cidade.  A verdade é que as saídas de campo constitúen unha boa ferramenta educativa, xa que lle permite ó alumnado entrar en contacto directo cunha realidade social determinada. No noso caso o tempo non acompañou moito e se cadra houbo demasiadas explicacións e pouco contacto real cos obxectos de estudo, ademais de coincidir nunha época na que temos moito traballo e cando están preto os exames. Cando por fin podiamos ver algo en vivo, como é o caso dos restos romanos fronte á Ponte do Burgo, resultaron estar cubertos por lonas.



Como este blog versa sobre o transporte e a mobilidade, gustounos ver por onde pasa o Camiño de Santiago, por onde cada ano pasan moitos camiñantes!


Pero houbo algunha que outra infracción, xa que por aqueles vieiros peatonais polos que estivemos, circulaban moitos cochese aínda por riba tiñabamos que cederlles o paso, interromper o noso camiño.

Así que aquí cesan os nosos pasos, camiñantes. Despedímonos de todos vós e agradecémosvos as vosas visitas e ter vivido esta experiencia educativa distinta ó habitual, camiñando á nosa veira e onde o profesor non aburre ó alumnado cun tedioso discurso. Queremos darlle unha forte aperta ó noso mestre Xosé Constenla, que nos guiou neste camiño.

Concluímos igual que empezamos, cun fragmento da canción que inspirou o nome deste blog, O Tren de Andrés do Barro. Voltamos a casa. Ata sempre camiñantes e boa viaxe!

O tren que me leva camiña e camiña
vai botando fume e corre pola vía,
o frío vai feito un mar de ledicias
no tren pouco a pouco, volto a miña Galicia
pasei moito tempo sen estar lonxe de ti,
no te creas descoidar.








































PONTE-BICI


O verán está preto!, en que nos fai pensar?... seguramente en vacacións, paseos polo parque, tomar o sol na praia...PASIÑO A PASIÑO vaivos propor UN NOVO PLAN.

De que se trata?

                                                                                 
Tratase de:
Pasar ratos divertidos!




Mellorar a Saúde!
 


 Manter os cartos na carteira!

 ... e...como non:

  Conservar o medio ambiente!
   
E todo isto atópase na cidade de Pontevedra! Que marabilla! Vedade?

Como xa vos estaredes imaxinando é o desprazamento por Pontevedra mediante o uso da bicicleta. O cal pese a estar establecido na cidade dende hai anos, o Concello de Pontevedra segue traballando para que a bicicleta sexa un medio de transporte respectable, ademais de práctico. Unha das medidas adoptadas polo concello é a creación dunha “reglamentación” para os ciclistas. Unhas normas que non só evitarán conflitos entre estes e outros medios de transporte e aclarará as normas básicas que teñen que seguir, ao igual que o resto de condutores/as, á hora de empregar o seu medio de transporte pola cidade. Por exemplo: un ciclista ten a obriga de baixarse da bicicleta nas zonas peatonais. Para máis información aquí vós deixamos este enlace: