Évos familiar este vehículo?
Verdade que non pasa inadvertido?
Cada mañá, vindo de camiño á nosa
“amada” facultade, cruzámonos con este “flamante” vehículo. Pese a dar
recentemente un pequeno cambio de look (xa que tamén foi partícipe da folga
xeral do pasado 29 de Marzo, como podedes observar na fotografía), segue nun
estado lamentable: aboiado, sucio, sen rodas, cos cristais rotos…
Quen sería o seu anterior dono ou
dona? Por que o deixaría aí?
Probablemente era un antigo/a estudante
que farto/a de deixar os pneumáticos no noso aparcadoiro cheo de “cráteres”
decidiu aparcar a súa furgoneta perennemente aí. Ou tal vez, pensou que o coche
desaparecería por si soíño. Pero o que máis descontento nos produce é que non
se lle ocorreu un lugar mellor a esta persoa para abandonar a súa furgoneta ca
xusto enfronte dun colexio público, onde cada mañá moreas de cativos e cativas
pasan ó seu carón, para poder asistir ás clases.
Isto espertou en nós unha
curiosidade: Cómo é posible que aínda non o retirasen?
Investigamos un pouquiño sobre
“vehículos abandonados” e atopamos a seguinte noticia do pasado 30 de novembro
de 2009:
http://www.desguacesvehiculos.es/servicios-municipales.html
A principal razón para o abandono
é a deixadez do propietario/a que non da de baixa o vehículo e unha das causas
de que non os recollan, ó haber tantos, é a falta de espazo dos depósitos de
vehículos.
Que solución aportariades vós?